LEY GALLEGA DE PESCA MARITIMA DE RECREO
DIARIO
OFICIAL DE GALICIA (DOGA)Nº 139
- Mércores, 21 de xullo de 1999
Decreto 211/1999, do 17 de xullo, polo que
se regula a pesca marítima de recreo.
Ó
amparo do disposto nos artigos 148.1º.11 da Constitución e 27.15º do Estatuto
de autonomía de Galicia, e de acordo co previsto no Real decreto 3318/1982, do
24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado en materia de
agricultura, gandería e pesca, a Comunidade Autónoma de Galicia está
facultada para regula-las actividades pesqueiras de carácter recreativo, recoñecendo
os permisos de pesca recreativa emitidos pola Administración do Estado e por
outros entes territoriais, respectando as normas internas da Comunidade Autónoma
de Galicia.
A
Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, establece que o seu obxecto é
regular e ordenar todo tipo de actividade pesqueira marítima, sen prexuízo das
particularidades do réxime de actividades pesqueiras de carácter recreativo,
que disporá da súa propia regulamentación específica.
Tendo
en conta que esta actividade se desenvolve no mesmo marco espacial cá a
actividade pesqueira profesional, é necesario que a regulación e ordenación
normativa equilibre os distintos intereses en xogo, preservando a riqueza piscícola
das nosas augas e promovendo o lexítimo esparexemento dos afeccionados á pesca
recreativa que tódalas administracións públicas deben fomentar polo seu
interese deportivo e cultural.
O
desenvolvemento da citada Lei de pesca nesta materia levouse a cabo a través do
Decreto 429/1993, do 17 de decembro, e a Orde do 29 de marzo de 1996, normativa
que se revisa neste decreto con motivo de adapta-las actividades de pesca
recreativa ós cambios experimentados nestes últimos anos. O novo panorama da
pesca recreativa está protagonizado pola proliferación de embarcacións
dedicadas a este tipo de pesca, tanto para a captura de recursos pesqueiros para
consumo propio como por aquelas cunha finalidade comercial que reside en
facilita-la recreativa a terceiros, e pola necesidade cada pesca cada vez maior
de incidir na conservación
dos recursos pesqueiros como se vén insistindo na
recente
normativa comunitaria, estatal e autonómica.
Esta
norma establece a diferenciación entre a actividade de pesca recreativa e a de
inmersión, tanto a pulmón libre como a
efectuada
con equipos de respiración autónoma. Esta diferenciación ten por
finalidade erradicar unha tradicional confusión entre ámbalas dúas
actividades, así como tamén pola propia necesidade de protección dos recursos
pesqueiros.
O
decreto estructúrase en dezaoito artigos agrupados en tres capítulos, tres
disposicións adicionais, unha disposición transitoria e dúas disposicións
derrogatorias. 0 capítulo I contén as disposicións xerais sobre o ámbito de
aplicación, as distintas modalidades de pesca recreativa, as licencias para o
seu exercicio e os requisitos para ser titulares delas, as especies obxecto de
captura e os seus topes máximos, os útiles prohibidos e o réxime sancionador.
Tendo en conta que a actividade pesqueira está suxeita a relevantes cambios
conxunturais, remítese para O seu desenvolvemento posterior á regulamentación
dos horarios
e días hábiles de pesca.
Os
capítulos II e III regulan a práctica da pesca marítima de recreo en
superficie e a submarina, respectivamente, nos que se dispón os útiles de
pesca, as distancias mínimas e as necesidades de balizamento.
Por
todo o exposto, por proposta do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, oído
o Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de
Galicia na súa reunión do día dezasete de xuño de mil novecentos noventa e
nove,
DISPOÑO:
Capítulo 1
Disposicións xerais
Artigo
1º.-Obxecto.
Este
decreto ten por obxecto establecer determinados límites ó exercicio da pesca
marítima de recreo en augas interiores da Comunidade Autónoma galega, co fin
de protexe-los recursos pesqueiros.
Artigo
2º.-Definición.
Para
os efectos deste decreto, enténdese por pesca marítima de recreo aquela que se
practica por esparexemento ou deporte e sen ánimo de lucro, non podendo ser
obxecto de venda nin transacción as capturas obtidas, que terán que ser
destinadas ó consumo propio ou entregadas para fins benéficos.
Artigo
3º. Modalidades.
A
pesca marítima de recreo poderá ser en superficie, desde terra ou desde unha
embarcación deportiva ou de lecer, e submarina, nadando ou mergullando en
apnea.
Artigo
4º. Ámbito de aplicación.
Este
decreto é de aplicación á pesca marítima de recreo que se practique en augas
interiores da Comunidade
Autónoma de Galicia.
Artigo
5º. Licencias.
1.
A práctica da pesca marítima
de recreo, en calquera das súas modalidades, require a previa obtención de
licencia, que será expedida pola Consellería de pesca, Marisqueo e Acuicultura
despois da presentación da documentación que regulamentariamente se estableza
e o pagamento das taxas que legalmente correspondan.
2.
A licencia ten carácter
persoal e intransferible e para a súa eficacia deberáselle xuntar calquera
documento que acredite a identidade do seu posuidor.
3.
A licencia terá un período
de vixencia dun ano, contado desde a súa data de expedición, e poderá
renovarse antes do termo da súa vixencia.
4.
Non obstante o disposto no
punto anterior, e co obxecto de fomenta-lo turismo relacionado coas actividades
de pesca recreativa, poderanse outorgar licencias temporais para o exercicio da
pesca marítima de recreo, en calquera das súas modalidades, por un período
dun mes, revalidables por un mes máis dentro do mesmo ano natural.
Artigo 6º.-Clases de licencias.
1.
As licencias que habilitan
para a práctica da pesca marítima de recreo serán de dúas clases:
a.
Licencia de pesca marítima de recreo en superficie, que faculta para
exerce-la pesca recreativa desde terra ou desde unha embarcación da lista sétima
do rexistro de matrícula.
b.
Licencia de pesca de recreo submarina, que faculta para exerce-la pesca
recreativa nadando ou mergullando en apnea.
2.
Non obstante o sinalado no
punto 2º do artigo 5 e do 1 a) deste decreto, a Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura poderá outorgar autorizacións temporais ó titular
dunha embarcación da lista sexta do rexistro de matrícula cando esta se
empregue en actividades recreativas ou deportivas con interese lucrativo.
3.
Terán validez para o
exercicio da pesca de recreo en augas interiores da Comunidade Autónoma de
Galicia os permisos de pesca marítima recreativa outorgados pola Administración
xeral do Estado e polas administracións doutras comunidades autónomas, así
como as expedidas por outros estados membros da Unión Europea, os cales recoñecerá
a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Os seus titulares deberán
cumprir, en todo caso, as normas contidas neste decreto.
4.
Non obstante o disposto no
parágrafo anterior, as licencias de pesca submarina deberán ser validadas polo
órgano competente en materia de pesca para que o seu titular poida exercer esa
modalidade en augas interiores de Galicia.
Artigo 7º-.-Requisitos dos titulares.
1.
Para ser titular dunha
licencia de pesca marítima de recreo en superficie é preciso ter unha idade mínima
de 16 anos. Os menores desta idade quedan exentos, debendo
acreditar tal circunstancia
documentalmente no momento que así llelo requiran os membros do Servicio
de Protección de Recursos.
2.
Para ser titular dunha
licencia de pesca marítima de recreo submarina requírese ter cumpridos 16 anos
dispoñer dun certificado médico oficial que acredite a aptitude física
necesaria para a práctica normal desta actividade, ser titular dun seguro do
accidentes e de responsabilidade civil que cubra os incidentes en que puidese
incorre-lo titular da licencia durante o seu período de validez e estar en
posesión da licencia de armas ou tarxeta federativa que a substitúa, todo iso
sen prexuízo de cumpri-lo disposto no artigo 54.4º do Real decreto 137/1993 do
29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de armas, ou o que no futuro
poida modifica-lo ou substituílo.
3.
Esta modalidade estará
suxeita ó cumprimento das normas de seguridade para o exercicio das actividades
subacuáticas establecidas por orde do Ministerio de Fomento do 14 de outubro de
1997 (BOE nº 280, do 22 de novembro), ou a que no futuro poida modificala ou
substituíla.
Artigo
8º.-Concursos de pesca recreativa.
1.
Os concursos, campionatos e
competición,, deportivas de pesca recreativa necesitarán a previa autorización
da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, que regulará en cada caso as
súas condicións. De tal autorización, de ser positiva, darase comunicación
ás confrarías do ámbito territorial onde se pretenda realiza-lo concurso,
campionato ou competición.
2.
Os concursos, campionatos e
competicións deportivas de pesca recreativa estarán suxeitos ó cumprimento
das disposicións xerais contidas neste decreto. Non obstante, non estarán
sometidos ó tope máximo de capturas que nel se establecen, salvo que se
considere conveniente fixar un límite para preserva-los recursos pesqueiros
afectados.
Artigo 9º.-Especies.
A práctica da pesca marítima de recreo só
habilita para a captura de peixes e cefalópodos, excepto e polbo, debendo en
todo caso respecta-las épocas de extracción e tamaños regulamentariamente
establecidos.
Artigo 10º.- Topes de capturas.
1.
En calquera modalidade de
pesca marítima de recreo poderase capturar un máximo de cinco quilogramos por
licencia e día, podendo non computarse o peso dunha peza. Só se permitirá a
tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido.
2.
Se a pesca recreativa se
realiza desde unha embarcación, o máximo de capturas por licencia e día é de
cinco quilogramos, cun tope máximo de dezaseis quilogramos por embarcación
ó día se son máis de tres as persoas embarcadas titulares de licencia.
3.
Na pesca de grandes peláxicos,
túnidos e peixes espada ou especies afíns o tope máximo de capturas, en
vintecinco
quilogramos
por licencia e día, cun tope máximo de cincuenta
quilogramos por embarcación e día se son dúas ou máis as persoas
embarcadas titulares de licencia.
4.
As embarcacións non poderán
pescar, transportar nin efectuar descargas superiores ós topes máximos de
capturas sinalados nos puntos anteriores, aínda que se empregasen varios días
continuos de navegación. Artigo 11º.Útiles prohibidos. Queda expresamente
prohibido na práctica da pesca marítima de recreo:
a)
O emprego de luces
artificiais de superficie ou somerxidas ou calquera outro medio que sirva de
atracción ou concentración artificial das especies que se vaian capturar.
b)
O uso de calquera clase de
substancia velenosa, narcótica, explosiva ou contaminante.
c)
A utilización, fondeo ou
calado de calquera tipo de artes ou aparellos. profesionais da pesca, así como
a súa tenza a bordo das embarcacións de lecer ou deportivas.
Artigo 12º. Horario.
A práctica da pesca marítima de recreo
realizarase dentro do horario e nos días que regulamentariamente se determine.
Artigo 13º.-Infraccións e sancións.
As infraccións das normas contidas nesta
disposición sancionaranse conforme a Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións
en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.
Capítulo II
A práctica da pesca marítima de recreo en superficie.
Artigo 14º. Útiles de pesca.
A pesca marítima de recreo en superficie,
tanto desde terra como desde embarcación, poderase practicar mediante o emprego
de sedela ou aparellos de anzois, excluído o raño ou rastro, sostidos pola man
ou a cana; o seu número determinarase regulamentariamente.
Artigo 15º.-Distancias.
1.
A pesca marítima de recreo
en superficie non se poderá practicar a menos de cen metros das praias cando
estean frecuentadas por bañistas.
2.
As embarcacións,desde as
que se practique a pesca marítima de recreo manterán unha distancia mínima de
cen metros dos barcos pesqueiros que estivesen a faenar, así como das artes e
aparellos profesionais debidamente balizados.
3.
En ningún caso, se poderá
impedir ou dificulta-las faenas de pesca profesional.
Capítulo III
A práctica da pesca marítima de recreo submarina
Artigo 16º. Útiles de pesca.
1.
Na práctica da pesca
submarina de recreo unicamente se empregarán arpóns, frechas ou fisgas
impulsadas pola man ou por medios mecánicos.
2.
Queda expresamente
prohibido na práctica da pesca submarina o emprego de equipos autónomos ou
semiautónomos ou calquera outro sistema que permita a respiración en inmersión,
así como a utilización de artefactos hidrodeslizadores ou vehículos
similares.
Artigo 17º. Balizamento.
Durante a práctica da pesca submarina, o
mergullador deberá sinalizar en todo momento a súa posición mediante unha
boia de cor vermella, amarela ou laranxa, cunha bandeira da letra A do Código
Internacional de Sinais.
Artigo 18º. Limitacións e distancias.
Prohíbese a práctica da pesca submarina
de recreo nos lugares seguintes:
a)
A menos de douscentos
cincuenta metros das artes de pesca, fixas ou de deriva, e das embarcacións
dedicadas a calquera clase de pesca profesional.
b)
A menos de douscentos
cincuenta metros das praias cando estean frecuentadas por bañistas.
c)
Nas zonas portuarias así
como nas canles de navegación.
d)
Nas zonas do litoral
prohibidas mediante orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Disposicións adicionais
Primeira.-A
inmersión, tanto a pulmón libre coma con equipos de respiración autónoma,
poderase realizar libremente sen máis limitacións que estar en posesión das
titulacións correspondentes e das autorizacións que, se é o caso, se esixan.
A súa práctica estará suxeita ó
cumprimento das normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas
establecidas por orde do Ministerio de Fomento do 14 de outubro de 1997 (BOE nº
280, do 22 de novembro), ou a que no futuro poida modificala ou substituíla.
Segunda.
A inmersión nas zonas a que se refire o artigo 18 d) deste decreto estará
suxeita á previa autorización da Consellería de Pesca, Marisqueo e
Acuicultura na forma que regulamentariamente se determine.
Terceira. Durante a práctica da inmersión
queda prohibida a captura de calquera ser vivo do mar.
As licencias expedidas con anterioridade
á entrada en vigor deste decreto manterán a súa validez ata o final do seu
período de renovación.
Disposición derrogatoria
1.
Quedan derrogadas
expresamente as seguintes disposicións:
a)
O Decreto 429/1993, do 17
de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de actividades
pesqueiras de carácter recreativo.
b)
A Orde do 29 de marzo de
1996 pola que se regula a expedición de licencias para practica-la pesca marítima
de lecer dentro das augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia e se
fixan as zonas do litoral onde se poderá practica-la pesca submarina.
2.
Quedan derrogadas todas
aquelas disposicións de igual ou inferior rango en canto contradigan ou se opoñan
ó disposto neste decreto.
Disposicións derradeiras
Primeira. Facúltase o conselleiro de
Pesca, Marisqueo e Acuicultura para que, no ámbito da súa competencia, dicte
as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento. e execución deste
decreto.
Segunda. Este decreto entrará en vigor un
mes despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de
Compostela, dezasete de xullo de mil novecentos noventa e nove.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e
Acuicultura